Saltar ao contido

Mina de Recesindes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A mina de Recesindes é parte dunha necrópole máis ampla: un campo de mámoas que se estende entre as parroquias de Carantoña e a de Calo, no concello de Vimianzo e ao sur da Pena Forcada. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O dolmen presenta cámara poligonal e un posible corredor cara ao leste, do que se conserva un dos chantos deitados no chan. A cámara ten hoxe seis chantas verticais das once totais que tería no seu momento. Faltan moitas das súas pedras e as tampas que foron saqueadas.

Segundo Xosé María Lema Suárez, este lugar permite entender moi ben como se integra o dolmen na mámoa, coas pedras ben traballadas e encaixadas entre si. A anta estaba bastante soterrada no túmulo, pois desde a parte superior até a pedra hai practicamente un metro.

A mámoa foi violada e profanada desde que en 1936 fora obxecto de escavacións clandestinas feitas por buscadores de tesouros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]